900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

A compravenda de vivendas aumenta en Galicia un 17% e as hipotecas dispáranse un 36,2% en febreiro de 2024

A concesión de préstamos hipotecarios para a adquisición de vivenda incrementouse un 36,2% na comunidade galega mentres que a media estatal quedou no 15,3%, segundo os datos do Centro de Información Estatística do Notariado (CIEN).

Albistea Galicia

A compravenda de vivendas en Galicia aumentou un 17% en febreiro de 2024 e con respecto a febreiro de 2023, fronte a un crecemento do 10,3% no conxunto de España, segundo o Colexio Notarial de Galicia en base aos datos do Centro de Información Estatística do Notariado (CIEN). Pola súa parte, a concesión de préstamos hipotecarios para a adquisición de vivenda incrementouse un 36,2% mentres que a media estatal se situou en menos da metade, nun 15,3%.

De acordo a este informe, Galicia sitúase como a comunidade autónoma na que máis aumentaron as operacións de préstamo para vivenda e a segunda en constitución de sociedades, cun aumento do 28,2%. 

Segundo os datos do CIEN, o número de compravendas de vivendas incrementouse en febreiro un 10,3% interanual, situándose nas 53.142 unidades e o prezo medio do metro cadrado quedou en 1.649 euros por metro cadrado, cunha subida do 3,5%. Desta forma, Galicia foi a segunda rexión na que máis se encareceu o prezo do metro cadrado, un 18,1%, en contraste co aumento medio estatal do 3,5%. 

As compravendas de pisos lideran as subidas

As compravendas de pisos aumentaron un 12% interanual, chegando ás 41.474 unidades, mentres que as unifamiliares se incrementaron un 4,5% interanual, ata chegar ás 11.668 unidades. 

Os prezos dos pisos en Galicia tiveron un ascenso do 1,8% con respecto ao mesmo mes do ano anterior, ata acadar os 1.824 euros por metro cadrado, mentres que o prezo das vivendas unifamiliares chegou aos 1.303, rexistrando un aumento do 6,5%. 

 

Consulta máis información na web do Centro de Información Estatística do Notariado (CIEN).

Harpidetu dohainik gure astekarian .

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Boletin hau berrio ez jasotzeko, HEMEN sakatu